4/26/2009

Aves na ruta das calizas




PINCHA AQUÍ PARA VER A INFORMACIÓN en wikiloc




Non esquezas tamén adicar uns momentos a estes pequenos acompañantes, eles contribuirán a facer aínda máis fermosa a ruta. Abre ben os teus ollos, e tamén os teus oídos, pronto aprenderás a distinguilos polas súas voces, o paporroibo, a chasca, o carrizo...non pararán de falar e saberás que están aí, aínda que non os vexas.



Un paxaro que seguramente verás e escoitarás é o paporrubio, moi fácil de distinguir pola súa mancha rubia no peito. Pero tamén poderás atopar ou escoitar ao diminuto carrizo, o son, como se bateran dúas pedras da chasca, as papuxas ou o melodioso trino da azulenta




E agora uns cantos contos que están ambientados nesta ruta. Non lles teñades medo...
Literatura popular - Contos de animais


Literatura popular - Contos de animais 2

E un de medo...
Literatura popular - Contos populares

4/23/2009

Traballo de aula por proxectos

Merece a pena escoitar a este rapaz e rapazas de 1º de BAC. No seu instituto traballan coas TICS e mediante proxectos. Impresionan os seus comentarios.



O mellor se pode sacar algunha idea para o noso traballo "por proxectos", dende cada aula se pode ir elaborando unha serie de tareas que darán lugar ao proxecto final: o folleto turístico dos Ancares, onde se pode ir incluíndo numerosos temas e propostas a traballar co alumnado. ¿Cal é a túa proposta para o noso folleto?

Saúdos

Daniel

4/22/2009

Folleto turístico

Ola a todos e todas,

Decidimos montar un folleto turístico sobre os Ancares. De momento estamos no estadio de work in progress. Podedes enviarnos as vosas suxestións e comentarios.

Como traballar a letra das cancións

Ola blogeiros e blogeiras,

Nesta sección temos unha proposta de traballo coa letra da canción de Coldplay. Penso que alguén xa se lle sona, non si? Recomendo cantala por enriba sen querer enfatizar todas as palabras, senón non se dá chegado ao final da mesma. Ánimo e que soe a inglés. Saúdos dende as ondas.


Lyrics | Coldplay lyrics - Viva La Vida lyrics

4/01/2009

Proposta de traballo

Ola blogeiros e blogeiras,

Estas son as miñas propostas de traballo para comezar á darlle un pouco a cabeza.

Cadaquén que desde a súa materia vaia aportando material multimedia (audio / video) realizado polo alumnado, xunto coa a súa proposta de actividade. Para comezar, este podería ser un exemplo:

Entrevistas de traballo en tempos de crise:









Como podedes observar estas son as primeiras probas, pero aínda se pode mellorar, diso se trata, non si?

Máis propostas:

Combinar a actividade de Fernanda cun folleto turístico sobre Becerreá.

Tamén se comentaba facer un corto.

A USC está a facer un grupo de traballo sobre a acollida do alumnado inmigrante nos centros educativos galegos. Este é o seu blog.

En resumo, case a calquera actividade se lle pode dar publicidade ou saída a través das ondas da nosa RADIO ANCARES

Iso é todo dende a RADIO

Recursos e exemplos de blogs, e canais de YOU TUBE

Ola dende as ONDAS de Radio ANCARES,

Eiqui tedes uns exemplos de blogs, delicious e un canal de YOU TUBE para aprender un pouco de Inglés: