4/01/2009

Proposta de traballo

Ola blogeiros e blogeiras,

Estas son as miñas propostas de traballo para comezar á darlle un pouco a cabeza.

Cadaquén que desde a súa materia vaia aportando material multimedia (audio / video) realizado polo alumnado, xunto coa a súa proposta de actividade. Para comezar, este podería ser un exemplo:

Entrevistas de traballo en tempos de crise:









Como podedes observar estas son as primeiras probas, pero aínda se pode mellorar, diso se trata, non si?

Máis propostas:

Combinar a actividade de Fernanda cun folleto turístico sobre Becerreá.

Tamén se comentaba facer un corto.

A USC está a facer un grupo de traballo sobre a acollida do alumnado inmigrante nos centros educativos galegos. Este é o seu blog.

En resumo, case a calquera actividade se lle pode dar publicidade ou saída a través das ondas da nosa RADIO ANCARES

Iso é todo dende a RADIO

1 comentario:

  1. Moito ánimo e a seguir traballando.
    Un saúdo
    Marta Arias

    ResponderEliminar